O meu confinamento

Hola, escribo esto para contarvos como estou levando o confinamento polo Covid-19 e as cousas que realizo no meu día a día para de algunha forma seguir cunha rutina e non caer en malos hábitos polo feito de estar na casa as 24 horas.

Para comezar, obviamente a miña rutina cambiou radicalmente, tanto como no aspecto educativo de non poder ir a clase, socialmente de non poder ver aos amigos ou recreativa e física non poder nin ir entrenar, nin sair correr ou andar na bici, son cousas que se botan de menos, pero despois de un mes xa de confinamento, tratei de facer unha rutina para seguir con hábitos saudábeis. Cóntovos a miña rutina:

Entre as 11:00-11:30 é a hora de erguerse, despois almorzo, fago tareas da casa e despois saio a pasear ao can xunto coa miña irmá, e ao volver dedico a xogar un pouco cos amigos ou compañeiros antes de comer, depende do día comemos as 14:00 ou as 15:00 depende dos horarios de traballo de meus pais, xa que sempre intentamos comer todos xuntos. Despois de comer, dedícome a facer cousas na casa ou tareas de clase depende do traballo que me quede por facer, por exemplo neste tempo, desfixen a miña habitación e estívena arreglando, pintando e reformando (ainda estou en proceso 😅)  despois as 19:00 fago exercicio onde me fixen unha rutina semanal que vou cambiando e variando para seguir en forma e dedico unha hora e media mínimo, alargandoa a veces. Despois de facer exercicio é hora de asearse, cear  e despois collo o portátil, escoito música e fago tareas de clase xa que despos de facer exercicio teño a cabeza despexada e concéntrome mellor e así podo estar ata as 00:00 depende da tarea, senon teño tareas que facer, vexo unha serie ou unha película ou se nos gusta a todos vexoa con meus pais e miña irmá. E despois voume durmir normalmente como moi tarde as 03:00  xa que aproveito as veces para facer algunha videochamada con amigos ou para xogar online con eles e botarnos unhas risas ou soamente contar unhos contos, e pásanos o tempo moi rápido, como xa dixen normalmente voume durmir as 03:00 para ter como mínimo 8 horas de descanso. 

Esta é a rutina que sigo durante este confinamento, ao estar máis tempo na casa, teño tempo a facer e aprender moitas cousas como bricolaxe, cociñar cousa que me gusta bastante e ao ter clase non podía facer moito e sobre todo teño más tempo de estar coa familia.

Este confiamento seguramente vaia cambiar moito a forma de pensar da xente, a miña non a cambiou moito, xa que sempre tiven presente que é o máis importante, ainda que de todo hai que aprender.

Por último, quero agradecer a toda a xente, que está traballando cada día para que isto acabe o máis axiña posible. espero que estedes todos ben tanto vós, coma familiares e amigos que teñades, pronto nos volveremos a ver! 

Arturo

Comentarios