La Programación: Análisis de la realidad

 Concello de Outeiro de Rei

Para facer este análise de realidade escollín o Concello de Outeiro de Rei no cal resido e coñezo moi ben as actividades que se realizan xa que participei en moitas delas de pequeno, nas que agora formo parte como Monitor de ocio e tempo libre e como xogador dun equipo de fútbol do Concello.

Ubicación o situación geográfica. O Concello de Outeiro de Rei sitúase na provincia de Lugo, integrado na unidade xeográfica chamada Terra Chá, sitúase a 11km da capital provincial.

O concello de Outeiro de Rei conta con gran variedade de recursos físicos, entre eles, locais socioculturais, dous campos de fútbol, un pabellón deportivo, un circuito que serve tanto para karting como para motos e co ximnasio D10 de Mosteiro, e o campo de tiro de Bonxe a parte diso tamén conta con numeroso material deportivo, ademais está programado que o Concello construirá unha piscina municipal e un centro btt; no entorno tamén se atopan recursos ambientais como áreas recreativas e naturais como a Santa Isabel, Penas de Rodas, o caneiro do Piago, numerosos sendeiros que transcorren polas Insuas do río Miño e do río Ladra, a ponte colgante, conta tamén con rutas de senderismo e cunha ruta de btt que transcorre por numeras parroquias do Concello chegando ata o Concello de Castro.

No aspecto de ocio e cultura no Concello de Outeiro tamén se atopan  outros lugares de ocio como o Marcelle Natureza e Avifauna que son espazos naturais destinados a animais, referente a cultura atoparemos a Casa-Museo de Manuel María, a Olería de Bonxe e para rematar Vida de Aldea situado na parroquia de San Clodio onde o que se pretende é achegar e mostrar a vida na aldea e na que se pode ate incluso alugar hortas ecolóxicas.

Entorno humano e social. Centrándonos no nivel socioeconómico podemos observar un auxe moi elevado no Concello de Outeiro de Rei, pódese reflexar na recente ampliación do colexio e guardería. O Concello está nun incremento económico e de poboación grazas entre outras cousas a distintas urbanizacións que se construíron e ao auxe do polígono industrial do Concello. Ainda que houbo unha importante rexuvenecemento na poboación e sobre todo de pais xoves con nen@s, o Concello tamén conta con bastante poboación anciá do rural repartida entre as 27 parroquias que forman o Concello, o cal tamén hai que ter en conta para saber a xente coa que se vai traballar.

Por iso o nivel socioeconómico comparando todas as parroquias sería un nivel medio/alto.
E respecto ao nivel cultural e formativo sería un nivel medio no cal se está intentando por medios de cursos e formación adicional ampliar a formación do Concello.

Cultura de actividade física. O Concello conta con numerosas actividades para satisfacer e dar elexir aos seus habitantes, entre elas hai; Actividades deportivas como: fútbol sala, baloncesto, balonman, pilates, ioga, patinaxe, hockey, psicomotricidade, zumba, xogos predeportivos, xadrez, tenis, tenis de mesa, tiro con arco,baile galego, danza moderna, bailes de salón, taekwondo, ximnasia rítimica, padel, natación e rutas en kayak. Actividades culturais como escola de música, clases de inglés, teatro, alimentación saudábel, cerámica e moitas outras máis. Tamén conta con numerosas excursións durante o verán para as persoas maiores como ir a diversas praias, lugares turísticos, festas. E por suposto, conta con campamentos divididos por idades ata 18 anos.

O Concello ten unha gran tradición deportiva, pero sobre todo, o deporte con máis fama é o fútbol sala. O equipo Santa Isabel F.S. que xoga na Terceira División Nacional sen dúbida é o equipo que máis masa de fanáticos move, enchendo o pabellón sempre que xogan na casa. Ademais a actividade extraescolar de fútbol sala é a máis solicitada na que polo menos hai dous equipos por cada categoría. Tamén hai unha gran tradición co fútbol campo no que hai un equipo senior S.D Outeiro de Rei que milita na Primeira Autonómica e un equipo veterano que contan con numerosos títulos na súa traxectoria.

No caso de propoñer algunha actividade sería ciclismo xa que está programado a construción dun centro btt o cal se podería aprobeitar para facer a actividade e o cal contará con máis rutas de btt das que xa hai. Ainda que tamén hai moitos lugares e instalacións que se poderían aprobeitar para propoñer outro tipo de actividades.

Arturo Fernández Arias

Comentarios

Publicar un comentario