Cuestionario Tema 1


1. ¿Por cuál o cuales de los motivos citados en el punto 1.1.1. practicas o practicarías un deporte o una actividad física?. Explica el porqué de esta elección.

Os motivos polos cales eu practico deporte son:

En primeiro lugar, para estar en forma e ter unha boa saude, facer deporte faime estar en ben conmigo mismo. Da mesma forma, tamén utilizo o deporte como método de relaxación e de desconexión, habitualmente utilizo actividades máis enerxéticas como correr por sitios abertos e onde haxa natureza, con esto, consigo liberarme do estrés ou de pensamentos negativos.

Outros motivos polos que realizo deporte son o de superación persoal ou o de éxito competitivo, levo moitos anos xogando a fútbol e como deportista quero lograr obxetivos grupales co meu equipo ano tras ano pero tamén persoais, ver que eu melloro e axudo ao equipo. Outro motivo é para relacionarse socialmente, unha cousa moi importante tanto na vida como nos deportes, coñecer xente e facer un grupo enriquece a túa vida persoal como a deportiva.

2. ¿Qué datos estadísticos no concuerdan con tu percepción personal sobre quién, cómo y dónde se practica deporte?

Os datos estadísticos concordan ca miña percepción persoal sobre quen, cómo e onde se practica deporte.

En primeiro lugar é certo que a maioría da poboación que fai deporte é xoven e que vai disminuíndo cando pasan os anos. Ainda que nos últimos anos o número foi ascendendo respecto a anos anteriores xa que agora promociónase máis o deporte en persoas maiores e búscanse formas de practicalo e axeitalo ao físico e idade de cada un.

Respecto a como se practica e onde, tamén estou de acordo a que a xente prefira facer deporte ao aire libre xa que agora está moi de moda o running, ciclismo ou senderismo, na miña opinión tamén prefiro ir facelo ao aire libre que nun espazo pechado.

Por ese motivo aumentou o número de xente que fai deporte pola súa conta sen estar nun clube ou federado.


3. ¿Cuáles de las tendencias citadas en el punto 1.1.5 observas que se producen en tu entorno y cuales percibes de otra manera?

 Entre as tendencias citadas no punto 1.1.5 observo que se producen máis no meu entorno, o aumento de xente adulta e maior, xa que se lles ofrecen máis posibilidades para facer exercicio; redución da brecha de xénero, creo que máis que nunca se está promovendo máis os equipos femeninos e teñen máis visión cara ao mundo, ainda que todavía hai que promovelo e darlle máis importancia.

Outras das tendencias que observo son a que se tomou conciencia do bo e que facer exercicio, vai asociado a un estilo de vida saudabél.

As tendencias que vexo de outra forma é a xeneralización nos máis xóvenes, penso que últimamente os xóvenes están máis conectados ao internet e no seu tempo libre e de ocio non fan exercicio.

4. Pon un ejemplo que conozcas de dos de los perfiles de las personas usuarias y explica cómo es su actividad física.

Usuario da xuventude. Rapaz de 19 anos, que fixo na súa etapa escolar fixo fútbol sala pero que o deixou ao chegar ao instituto. Ao chegar a bachillerato comezou de novo a facer exercicio pola súa conta, en xeral running e ir ao ximnasio, en principio non iba facer máis nada, pero por ver vídeos e estar influenciado da súa familia e conocidos porque o animaban a practicar algún tipo de exercicio.

Idade adulta. Muller, 50 anos, traballa. Só fixo exercicio na súa etapa escolar, nunca en ningún clube. Fai exercicio pola súa conta, camiñar e bici estática, cando o traballo llo permite.


5. ¿En cuál de las diversa funciones y entornos del profesional de la actividad física citados en el punto 1.2.2. te encontrarías más a gusto desarrollando tu labor profesional? Explica por qué.

Entre as funcións e entornos citados eu creo que me encontraría a gusto en calquera, debido a que fixen o curso de monitor de ocio e tempo libre, diseñei proxectos, organicei eventos e dinamicei actividades, calquera delas gustoume e enriqueceume como monitor, en canto a entornos de traballo, realicei prácticas en actividades extraescolares, non fixen prácticas en ximnasios ou entrenamentos de alto nivel, pero creo que estaría a gusto xa que coñezo o entorno tanto de ir ao ximnasio que é algo que me gusta coma entrenamentos de alto nivel, teño motivación por traballar en calquera entorno que conleve actividade física e creo que estaría a gusto en calqueira deles, gústaríame traballar en todos para ver a organización de cada traballo e recoller experiencia e coñecementos.

Tal vez gustaríame ir de menos a máis como en actividades extraescolares e despos entrenamentos de alto nivel ou ximnasios, para ir collendo máis experiencia como adestrador e outras motivacións superiores.

6. ¿Qué harías para conseguir que tus deportistas respetaran a los jueces o árbitros?

O que faría para que os meus deportistas respeten aos árbitros, sería explicarlles o difícil que é o seu desempeño, que calquera pode equivocarse, e por suposto, facer que eles mesmos se poñan no seu lugar e fagan de árbitro en adestramentos.

 7. Cuenta algún caso real de la relación de una familia con el entorno deportivo de los hijos.

No caso que eu vou contar en relación da familia co entorno dos seus fillos, era positivo, tanto os pais, como os avós, tí@s etc.. Promovían a actividade física, motivaban aos pequen@s, preguntábanlles como lles iba no equipo no que estaban xa fora baloncesto ou fútbol, iban velos e non tiñan unha actitude negativa nin cara o adestrador, nin cara os compañeiros ou contrarios, nin cara o seu fillo. Ao contrario, preguntaban e axudaban ao seu fill@s se lles iba mal ou se frustaban por un mal partido, e sempre se preocupaban de levalos a adestrar e de que tiveran material bo para realizar a actividade.



8. Cuál crees que es la importancia de alguna de las distintas instituciones de la administración (Ayuntamiento, Diputación y Xunta de Galicia) en la actividad física de tu entorno?


A importancia das institucións da administración coma o Conello, Deputación ou a Xunta de Galicia na actividade física do meu entorno son clave, tanto para aportar recursos para infraestructuras, aportando material e obviamente garantizando unha actividade física e variada axustada a demanda da xente que solicita unha actividade concreta.

No meu caso no que milito nun equipo de fútbol campo, tanto a deputación, como a xunta coma o concello de Outeiro de Rei teñen un papel clave para o desarrollo da actividade, aportando recursos aos equipos e prestando instalacións para o seu desenvolvemento.




























Comentarios