Sesión Triple Salto



Triple salto


Despois de facer un estudo detido e de recoller a máxima información posible sobre a destreza de triple salto na clase, observando vídeos e leendo artículos sobre este tipo de salto, temos o obxetivo de preparar dúas sesións para o resto dos nosos compañeiros. A nosa proposta ten unha parte teórica e outra práctica, xa que buscamos que os compañeiros coñezan o triple salto e tamén que interioricen esa información teórica a través da práctica. Estas son as dúas sesións que propoñemos:


1ª sesión: (50 minutos)


(Aula de informática e o patio do recreo; pavillón en caso de facer mal tempo)

Esta primeira sesión será máis teórica, xa que, ao ser a primeira pensamos que é mellor comezar cunhos conceptos básicos antes de empezar coa práctica, a teoría que se verá serán os seguintes apartados descritos usando fotos e a presentación do apartado de triple salto, posteriormente despois de ir comentando cada apartado, poñeremos vídeos sobre unha competición para que os alumnos vexan o estilo desta, despois iremos parando e parando sobre a realización dos saltos para comentar cousas de interese e para explicar máis especificamente con vídeos a execución do triple salto.


Teoría

-Descripción e procedementos

- Área de competición.

- Procedementos e reglas.

Lugar: Aula de informática (no caso de non tela, entregar esa información en fichas)

Material: Ordenadores e proxector

Presentación e vídeos: http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/50_educacion_atletismo/curso/archivos/descripcion_triple.htm

Análisis triple salto

Ao acabar a teoría, propoñemos unhas actividades prácticas para que os alumnos complementen esa teoría anteriormente vista para que vivan e experimenten o triple salto. Propoñemos estas actividades co obxetivo de aumentar e afianzar información a través da práctica.

Práctica
Material: Aros

Lugares da sesión: Pista do patio (no caso de mal tempo, no pavillón)

Actividades:

- Carreira de aproximación

- Primeiro salto

- Segundo salto

- Terceiro salto

Inicialmente realizaremos movilidade e un pequeno quencemento xa que os exercicios que fagamos non serán moi esixentes xa que os facemos para ver a teoría vista.

Seguidamente, explicaremos a carreira de aproximación executando unhos exemplos, despois realizaremos un exercicio básico de triple salto que consiste en ir saltando suavemente pero coa execución que se realiza en triplo salto. (Vídeo: Ejercicios triple salto, Minuto: 0:35- 1:19) despois realizaremos un exercicio con aros sumandolle un pouco máis de dificultade para saltar donde poñeremos a práctica o aprendido anteriormente na aula de informática. (Vídeo: Ejercicios triple salto, Minuto: 3:15)

Ejercicios triple salto

Como final a sesión estiraremos todos xuntos, mentras explicamos ou comentamos algunha cousa sobre a sesión, exercicios, execución e teoría, facendo como como conclusión unha pequena reseña para valorar a sesión.


2ª sesión: (50 minutos)

(Pistas de atletismo, no caso de que faga mal tempo no pavillón).

A segunda sesión terá unha carga máis práctica, na que iremos parando e repasando a teoría xunto cos alumnos. Nesta sesión pensamos unhos exercicios máis específicos para centrarnos nos saltos e na súa execución para así saber como son as partes do triple salto, a súa execución e as características de cada salto. Profundizando e tratando de ver o visto na teoría da anterior sesión as fases aéreas de cada salto e qué é o que busca o atleta co salto que realiza.

Empezamos cunha pequena movilidade de articulacións xunto cun quencemento e un estiramento inicial antes de realizar as actividades propostas.

- Actividade do primeiro salto

Saltos coa misma perna impulsándonos cara adiante, tamén nos servirá para ver con qué perna estamos máis cómodos para encadear os seguintes saltos.

- Actividade do segundo salto

É a descrita no vídeo que deixamos no seguinte enlace co minuto no que aparece, esta actividade sírvenos para explicar a fase aérea do segundo salto.

Minuto 8:50

- Actividade do terceiro salto

Para esta actividade necesitaremos un escalón que nos servirá como axuda para simular que estamos na ficticia fase aérea do segundo salto, polo cal nos axudará para caer, apoiar e facer o terceiro salto que sería o salto ao foso de area. A actividade sería a realizada no seguinte vídeo que deixamos a continuación co minuto correspondente.

Minuto 6:50


Material:

- Escalón

Finalmente e despois de realizar os estiramentos, poñeríamos unha pequena avaliación teórica similar a un exame tipo test que tamén servirá como recordo para os alumnos ademais de ver se o método utilizado de explicación tivo bos resultados sobre as rapazas e rapaces. Para rematar, facemos unha pequena valoración global xunto cos alumnos das sesión, e tamén específica sobre o contido e actividades do que lles gustou e de qué cousas cambiarían.


Traballo feito por Alessandra e Arturo

Comentarios