Análise comparativo das técnicas de carreira

Análise comparativa das técnicas de carreira


- Carreira 100m homes final Rio 2016

Vídeo: Carreira 100m homes

Análise comparativa dos corredores Bolt, Gatlin e De Grasse.

Podemos observar que os tres corredores levan ergueita a cabeza e mirando a un punto fixo.

O tronco de atleta Gatlin está máis inclinado cara adiante que os outros dous atletas que teñen unha posición máis vertical.

Debido a altura de Bolt, leva unha zancada e un impulso maior ca os outros dous atletas.

En referencia a posición dos brazos, os atletas Gatlin e Bolt, levan os brazos nunha posición similar levando a man cerrada, en cambio, o atleta canadiense,
leva a man estirada, flexionando o codo esquerdo pero estirando o brazo dereito.

- Carreira 100m mulleres final Rio 2016

 Vídeo: Carreira 100m mulleres

Análise comparativa das atletas, Thompson, Fraser - Pryce, Schippers

 Nas tres atletas podemos observar que levan ergueita a cabeza e mirando a un punto fixo, ainda que Thompson leva a cabeza mirando cara abaixo nun punto fixo ata que despois ergue a cabeza en máis da metade da carreira, ainda que iso é moi persoal de cada atleta. Fraser - Pryce, leva o pescozo estirado e ca cabeza ergueita máis estirada do demáis.

Os troncos das dúas atletas xamaicanas están encurvados cara adiante e cas caderas cara atrás, mentras que a posición da atleta holandesa Schippers, ten o tronco recto.

En referencia ao movemento dos brazos a atleta Thompson leva os brazos máis abertos e ca palma da man aberta e tensa; a atleta xamaicana Fraser - Pryce leva un movemento moi ríxido de brazos e tenso de hombros ca palma da man aberta e tensa; a atleta holandesa leva unha boa amplitude de apertura de brazos e ca palma da man menos tensa que as outras dúas atletas.

A atleta xamaicana Thompson leva unha boa zancada de perna e un bo impulso e cunha flexión de xeonllo intermedia, a atleta Fraser - Pryce na hora da zancada non flexiona practicamente os xeonllos, e a atleta holandesa esaxera demasiado a flexión de xeonllo.

- Análise comparativa da atleta Thompson e o atleta Usain Bolt.

Comparando os atletas de distinto xénero, vemos diferencias entre os dous.

En primeiro lugar, a posición do tronco, Bolt vai mais ergueito e a atleta Thompson vai máis botada cara adiante cunha posición de caderas máis hacia arriba e atrás.

Na posición dos brazos, Thompson leva un movemento de brazos semiflexionados e cunha posición ríxida tanto dos brazos coma da palma da man, mentras que Usain Bolt leva o brazo totalmente flexionado e non se pode apreciar moi ben pero diríamos que leva o puño da man pechado ou semiaberto.

En relación as pernas, Usain Bolt leva unha zancada amplia pero sen levar as pernas moito cara adiante mentras que a atleta Thompson leva os xeonllos máis cara adiante e esaxerando moito máis a súa zancada no movemento de perna cara adiante.

Realizado con Uxía

Comentarios