Estilo Mariposa
Índice
1. Introducción
2. Descripción
3. Posición do corpo
4. Acción de brazos
5. Acción de pernas
6. Coordinación
7. Respiración
1.Introducción
Para comezar a toma de contacto co estilo mariposa empezaremos dicindo que é o estilo máis moderno xa que a súa aparición e reglamentación datan dos anos 50. Normalmente é a última técnica en ser ensinada xa que require un nivel de forza e coordinación moi altos e por iso non é o estilo máis adecuado para xente que se inicia na natación, debido a esto, mariposa pode ser a técnica máis complexa dos estilos de natación.2. Descripción
O estilo mariposa require unha boa coordinación entre os brazos e as pernas e unha certa técnica que hai que saber para unha boa execución tanto de pernas, brazos e a posición do corpo. Os cales veremos no apartado seguinte:3. Posición do corpo
Para empezar, a posición corporal para o estilo marioposa vai cambiando de posición constantemente. Non obstante, pódense identificar tres posicións na que o corpo adopta unha posición importante para reducir a resistencia ao avanzar.
O corpo do nadador debería estar o máis nivelado posíbel como vemos no segundo 00:26 do vídeo durante as fases máis propulsoras da brazada. Estas fases son o barrido cara dentro e o barrido ascendente. Esto consíguese levando as pernas cara arriba durante o barrido cara adentro e no barrido ascendente procurando que a patada non seña profunda.
Outra parte a ter en conta é o movemento de caderas, debería desplazarse cara arriba e cara adiante a través da superficie no primeiro batido descendente. Se non se fai desta maneira ou solo se fai un desplazamento a patada non será o suficientemente propulsora nin o corpo estará nunha posición hidrodinámica.
A segunda patada non debería ser tan importante que o nadador empuxara as caderas sobre a superficie, esto afectaría ao recobro dos brazos. Os movementos non deberían ser esaxerados. Unha ondulación excesiva incrementaría o espazo que o nadador ocupa na auga e tería máis resistencia a auga no movemento cara adiante.
Todo isto apréciase moi ben no segundo 00:30 do vídeo ata o 00:42. Debemos centrarnos na posición do corpo, das cadeiras e o movemento do corpo durante a brazada e as patadas.
Para rematar a posición do corpo, durante moitos anos insistiuse na chamada onda de delfín, pero, a misma non existe. A ondulación é un efecto visual que se produce polo movemento dos ombros, as caderas e a translación cara adiante do corpo. O corpo non ondula, senon que se desplaza facendo unha traxectoria ondulatoria. Este efecto ondulatorio é o resultado dunha perfecta coordinación entre os movementos de brazos e pernas.
4. Acción de brazos
O estilo mariposa é un dos estilos de natación máis difíciles de realizar por los principiantes e un dos últimos en aprender. Isto débese a súa correcta coordinación.
A acción de brazos en mariposa pódese describir como unha acción simultánea dos brazos de crol cuxas fases constan de tres barridos diagonales e o recobro. Os barridos son cara afora, cara adentro e un barrido ascendente.
Despois do primeiro contacto das mans coa auga, exténdense os brazos e comézase presionando a auga cara abaixo cos mans.
Debido a continua flexión dos codos leva a que as mans practicamente se xunten debaixo do corpo na altura do abdome. Neste momento intentarase manter as mans mirando cara atrás mentras que os codos permancen en todo momento adiantados e apuntando cara os lados. Os codos están flexionados case 90º cas mans case xuntas.
As mans seguirán empuxando cara atrás ata as cadeiras nun movemento circular cara afora e arriba.
Dende o momento que as mans entraron na auga, o mentón vaise elevando gradualmente, ata o punto que a cara sale da auga momentos antes da saída das mans da auga.
Na recuperación os codos saen da auga mentras que as mans terminan o barrido ascendente. As mans deben sair da auga cos polgares cara abaixo. Os cóbados deben estar lixeiramente flexionados durante o seu movemento cara adiante para entrar na auga para que o movemento dos brazos cara o interior poda cambiar a súa dirección cara afora con menos esforzo.
- Entrada e barrido cara fóra.
A entrada e o barrido cara afora podómla observar dende o minuto 3:10 onde vemos que as mans deberán introducirse na auga por arriba pero na línea dos ombros, coas palmas cara afora entrando os polgares de primeiro. Despois de entrar na auga, no minuto 3:14 os brazos comezan o movementos das mans cara afora e cara abaixo. A tracción dos brazos continúa cara afora e cara abaixo nun movemento circular ata que os brazos encóntrense máis alá da línea dos ombros e orientados cara atrás contra a auga. Esta é a posición de agarre donde comeza a propulsión dos brazos.
- Barrido cara dentro.
No minuto 3:18 os brazos atópanse ao máximo da súa amplitude e son traccionados cara abaixo, cara atrás e cara dentro. Os codos mantendranse elevados mentras as mans traccionan.
As mans vanse acercando por debaixo do abdome pola continua posición de codos flexionados, nótase unha aceleración no movemento de mans.
- Barrido ascendente.
E para rematar no mnuto 3:20 as mans móvense de forma circular cara afora e cara atrás e barren cara arriba a auga en dirección á superficie. As mans pasan a altura das cadeiras e comenzan a xirar para empezar o recobro.
As mans pasan os muslos e ese é o fin da acción propulsora dos brazos, os codos están doblados e xa saíron fóra da auga mentras as mans están dentro acabando a tracción. As mans serán xiradas cara dentro para sair da auga co borde para sair coa menor resistencia. Nesta fase o nadador é cando pode saír a respirar axudado pola propulsión das pernas e dos brazos, é importante recalcar que a cara sae antes de que saian os brazos.
Estas tres accións son moi rápidas e deben ser vistas no vídeo varias veces e a poder ser cambiar de reproducción normal e baixa para observalas con máis detalle.
- Recobro.
Neste vídeo en completo podemos observar o recobro xa que utiliza unha cámara superficial en todo momento, como vemos os brazos case extendidos diríxense cara adiante e arriba, poden estar lixeiramente flexionados ou extendidos. As mans xiran ao pasar pola altura dos ombros, mirando cara abaixo, estando nesta fase os codos flexionados para preparar a entrada dos brazos na auga. Nesta fase no caso de facer a respiración o nadador mete a cara un tmepo antes de que volvan entrar os brazos na auga.
A continuación adxunto un pequeno resumo e para ver gráficamente a acción dos brazos tanto no plano vertical coma horizontal. Das fases vistas anteriormente.
As mans vanse acercando por debaixo do abdome pola continua posición de codos flexionados, nótase unha aceleración no movemento de mans.
- Barrido ascendente.
E para rematar no mnuto 3:20 as mans móvense de forma circular cara afora e cara atrás e barren cara arriba a auga en dirección á superficie. As mans pasan a altura das cadeiras e comenzan a xirar para empezar o recobro.
As mans pasan os muslos e ese é o fin da acción propulsora dos brazos, os codos están doblados e xa saíron fóra da auga mentras as mans están dentro acabando a tracción. As mans serán xiradas cara dentro para sair da auga co borde para sair coa menor resistencia. Nesta fase o nadador é cando pode saír a respirar axudado pola propulsión das pernas e dos brazos, é importante recalcar que a cara sae antes de que saian os brazos.
Estas tres accións son moi rápidas e deben ser vistas no vídeo varias veces e a poder ser cambiar de reproducción normal e baixa para observalas con máis detalle.
- Recobro.
A continuación adxunto un pequeno resumo e para ver gráficamente a acción dos brazos tanto no plano vertical coma horizontal. Das fases vistas anteriormente.
5. Acción de pernas
Dende o minuto 2:05 comeza a acción de pernas no estilo mariposa parte do vídeo, habrá que ir parandoo e observando cada batido pausadamente repetilo a ser posible.
O batido de pernas en mariposa é o máis rápido das catro modalidades, chámase tamén batido de delfín pola semellanza que ten a este. Para os nadadores noveles este batido é moi complexo xa que necesita boa coordinación e unha boa flexibilidade de nocellos.
Este batido consta dun batido ascendente e outro descendente. Por cada brazada de mariposa danse dous batidos de pernas. Coincidindo un batido cando entran as mans na auga e outro cando van sair.
Este batido ten funcións como a boa hidrodinámica do corpo, manter unha boa propulsión e axudar a mecánica da cabeza.
Descripción das fases:
- Batido ascendente.
Como se pode observar no minuto 2:08 e 2:35 poñendoo en cámara lenta obsérvase moi ben as pernas áchanse no punto máis profundo da batida, coas cadeiras xusto no límite da superficie, de seguido, as pernas lévanse cara arriba sen flexionar xeonllos, esta ascensión produce que as cadeiras descendan, aquí empezan a descender os muslos mentras os pés sigan arriba, este movemento é posible pola flexión dos xeonllos, Isto eleva ainda máis un pouco os pés poñendoos no punto superior do batido, onde empeza a flexión plantar para o seu descenso.
- Batido descendente.
Este movemento obsérvase no minuto 2:13 ata o 2:31 máis especificamente.
Este movemento obsérvase no minuto 2:13 ata o 2:31 máis especificamente.
Como vemos esta fase empeza coa propulsión dos pés en movemento descendente coa flexión plantar para non causar a menor resistencia a auga. O movemento descendente de pés, causa unha elevación de cadeiras cara a superficie. Os xeonllos vanse extendendo e os muslos empezan a ascender. A percusión dos pés finaliza cando os xeonllos exténdense por completo. O ciclo queda completo coas cadeiras e muslos no punto superior e cos pés no punto inferior.
6. Coordinación
A coordinación é unha das claves máis importantes para dominar o estilo mariposa, para dominala conleva saber os numerosos movementos que hai que poñer en acción e cando hai que facer cada un.
- Brazos - respiración.
É clave para levar unha boa respiración que conlevará a ser máis eficaz e a non cansarse demasiado, xa que para realizar este estilo fai falta unha boa física tamén.
A respiración debe realizarse cando os brazos acaban a acción propulsora pero ainda non sairon á superficie, ese é o momento no que o nadador ten que sacar a cabeza e metela xusto antes que os brazos recobren e as mans ainda non entraron na auga. Como observamos nos debuxos 3,4,5,6.
- Brazos - pernas.
Como xa vimos, as pernas teñen unha acción chamada batido que se divide en batido ascendente e descendente, Ao facer dúas patadas falaremos de dous batidos ascendentes e dous descendentes.
- Primeira patada descendente.
Como se ve no debuxo 1 e 6, este batido descendente debería cadrar xusto coa entrada das mans na superficie da auga.
- Primer batido ascendente.
Como se ve no debuxo 2 e 3, este ten lugar cando os brazos barren cara adentro, este movemento axuda a hidrodinámica do corpo para realizar o seguinte batido descendente.
- Segunda pata descendente
Esta patada ten lugar cando os brazos realizan o barrido ascendente, sería entre os debuxos 4 e un intermedio do 5.
- Segundo batido ascendente.
Este segundo batido ascendente ten lugar durante o recobro dos brazos, Esta acción leva as pernas cara arriba colocando o corpo case plano no momento en que o nadador está en desaceleración. É unha acción para poder seguir realizando outro batido descendente cando as mans volvan a penetrar na auga. Correspondería ao debuxo 5 e 6.
7. Respiración
Dende o minuto 1:09 observamos unha visión global da respiración.
Como xa dixemos anteriormente para facer a respiración adecuadamente fai falta coordinala cos movementos de brazos, a inspiración sería antes de que os brazos salisen da auga e a cabeza debería volver entrar antes que as mans, esto podémolo ver no minuto 1:19 con claridade.
No minuto 1:35 ao 1:47 podemos observar como a cara métese antes de que os brazos acaben o recobro xa que isto favorece e facilita que os brazos fagan completamente o recorrido de recobro.
Outro punto que se pode realizar é realizar unha brazada sin respirar e outra non, pero eso depende da proba ou da condición física de cada un.
Nos últimos anos varios nadadores adoptaron a forma de respirar lateralmente, din que pode reducir o gasto de enerxía xirando a cabeza igual que na modalidade de crol. Esta forma de respirar non debe cambiar a forma ede execución da mesma nin o momento, a cabeza debe saír cara arriba no momento xusto igual que ao entrar na auga.
Comentarios
Publicar un comentario