ESTILO ESPALDA
1. Introdución
2. Descripción
3. Técnica de espalda
1. Introdución.
O estilo espalda está considerado un dos estilos máis antigos que existe ainda que hai poucas evidencias de que iso sexa verdade.A primeira competición do estilo espalda documentada foi nos Xogos Olímpicos de 1900, en París, nunha proba de 200m cun estilo espalda algo distinto ao actual.
2. Descripción.
O estilo espalda consiste nunha acción alternativa dos brazos e pernas, a diferencia é que neste estilo os nadadores están en posición dorsal.A coordinación da respiración co movemento de brazos e pernas é fundamental como nos outros estilos, ainda que este estilo é único no que a cara está sempre fóra da auga.
Outra característica do estilo espalda é que se realiza un rolido, é dicir, o nadador xira sobre o seu eixe lonxitudinal salvo a cabeza que queda fixa.
Os movementos propulsores das pernas teñen unha similitude cos de crol, xa que é un movemento de pernas alternativo, ainda que en espalda o movemento propulsor é o movemento ascendente da perna.
Finalmente como curiosidade, é o único estilo oficial, onde os nadadores empezan as competicións dentro da auga.
3. Técnica de espalda.
Vídeo: Backstroke techniqueO estilo espalda engloba moitos movimentos no que cada un ten unha técnica diferente a realizar. Entre as accións, destacamos:
3.1 Acción de pernas
Vídeo: Backstroke Swimming KickA acción de pernas consiste nun batido de pernas alternativo diagonal, a acción é moi importante xa que. ten un efecto de manter en horizontal o corpo, equilibrar a acción dos brazos e contribuirá a acción propulsiva.
Para un nadador o batido é moi importante, nesta acción as rodillas non rompen a superficie e os pés deben estar relaxados e romper con suavidade a superficie da auga permanecendo dentro da auga. É moi importante para un espaldista levar un batido de seis tempos.
3.1.1 Descripción das fases.
- Batido descendente
Primeiro un pé, neste caso o dereito, encóntrase na cima e o pé esquerdo abaixo.
En segundo lugar o pé dereito inicia o descenso sen doblar o xeonllo e co pé nunha posición flexionada dorsalmente. O muslo esquerdo comeza a súa ascensión mentras lixeiramente dóblase o xeonllo e o pé flexiónase pola planta.
En terceiro lugar o xeonllo esquerdo parece sair sobre a auga pero é importante que nunca rompa a superficie da auga, a perna dereita segue o seu descenso.
En cuarto lugar segue a ascensión da perna esquerda pola flexión do xeonllo e na perna dereita todavía non hai ningún tipo de flexionamento.
Por último a perna esquerda atópase en completar o seu batido ascendente e a perna dereita comézase a flexionar no xeonllo.
- Batido ascendente
En primeiro lugar o muslo esquerdo comeza o seu descenso mentras que o pé ascende e bate lixeiramente a superficie da auga, pola contra, o muslo dereito comeza o seu ascenso mentras que o pé segue descendendo. Esta combinación de movementos é grazas a articulación do xeonllo.
Seguidamente os xeonllos deslízanse ao lado mentras que os pés están separados.
En segundo lugar, a perna esquerda descende completamente estirada mentras que a perna dereita grazas ao xeonllo conduce o movemento ascendente co pé estirado. A medida que os pés encóntrase na súa máxima separación queda completado o ciclo de batido das pernas.
- Coordinación brazos pernas
A maioría dos espaldistas teñen un ritmo de 6 batidos, 6 ascendentes e 6 descendentes por cada ciclo completo de brazos.
3.2 Acción de brazos
Vídeo: Backstroke arms techniqueA acción dos brazos consta de 4 barridos e 1 recobro. Os barridos consta de un primer barrido descendente, un primer barrido ascendente e seguidamente outro barrido descendente e outro ascendente.
3.2.1 Descripción das fases
- Barrido ou tracción.- Entrada da man (brazo esquerdo). A man esquerda entra na auga por encima do hombro, co brazo totalmente extendido e o dedo meñique é o primeiro en entrar na auga, ca palma da man mirando cara afora. A man dereita acabou a súa tracción e empeza o seu movemento cara arriba.
- Primer barrido descendente. O brazo esquerdo afúndese na auga co codo totalmente extendido, ca palma mirando ainda cara afora e o brazo dereito empeza a moverse cara arriba. O corpo comeza a xirarse cara ao lado do brazo que tracciona.
O brazo esquerdo coma afundirse cara abaixo e cara afora para chegar a unha posición de agarre. O brazo dereito sae a superficie.
- Primer barrido ascendente. Comeza a propulsión onde o brazo esquerdo propúlsase cara abaixo mentras o codo flexiónase e a velocidade da man irá en aumento progresivamente.
A man mira case directamente cara atrás mentras que a traccion continúa coa flexión do codo que vai en aumento. O brazo dereito encóntrase directamente arriba.
- Segundo barrido descendente. Cando o brazo esquerdo alcanza a altura do hombro o codo tendrá a flexión de 90 grados. O brazo dereito, que está na súa recuperación, inicia a súa rotación xirando a palma cara o exterior do corpo, esto facilita a recuperación do corpo; O codo do brazo esquerdo comeza a extenderse cando a man rebasou o hombro. O brazo esquerdo desplázase cara atrás e cara abaixo.
O brazo que recupera, háchase directamente sobre o hombro, onde se lle dá unha rotación de maneira que a palma da man ten que mirar cara fora. A man da palma dereita cambia de posición, levándoa cara o corpo e levando a impulsión cara abaixo.
O brazo esquerdo termina a súa tracción co codo totalmente extendido e ca palma cara abaixo, esta impulsión da man cara abaixo, axuda a elevar o hombro esquerdo.
- Segundo barrido ascendente. A medida que a man entra na auga, ca palma mirando cara fóra o brazo esquerdo comeza a súa recuperación cara arriba. O brazo esquerdo fúndese na auga antes de que se recupere o brazo esquerdo, a man dereita fúndese na auga para realizar o seu ataque.
- Fin da parte propulsora. O ataque da man dereita realízase co cóbado estirado, mentres que a man esquerda comeza a súa recuperación saíndo da auga. A sacudida da perna coincide co levantamento final fóra auga do brazo do lado oposto.
- Recobro
O brazo dereito comeza a súa flexión a medida que baixa lateralmente, a man dereita fai forza apuntando cara atrás mentras o brazo esquerdo se eleva. O brazo que tracciona está na metade do seu recorrido onde a man avanza cara o corpo. A media que o brazo esquerdo inicia a súa impulsión cara abaixo a perna esquerda continua impulsando diagonalmente cara arriba, a man esquerda coa palma cara fóra continúa o seu movemento de recuperación mentras a man dereita impúlsase catra atrás e abaixo. O brazo dereito termina a tracción cando a man esquerda termina a súa recuperación, O ciclo total de brazos termina aquí.
3.3 Posición do corpo
Vídeo: Body Positioning
Unha boa posición do corpo é fundamental no estilo espalda para unha boa acción de brazos e pernas.
A cabeza tendrá que estar por fóra da auga e que esta chegue pola altura da nuca e xusto por debaixo das orellas. A cabeza sempre estará perpendicular á auga independentemente do rolido, o corpo non está fixo hai unha inclinación cara un lado e cara o outro.
Para que o rolido seña efectivo ten que haber unha sincronización coa acción dos brazos, debería haber unha rotación de 45 grados, o corpo debería ir inclinándose cara o lado dereito a medida que o brazo dereito entra na auga, e cara o lado esquerdo no mesmo caso. O corpo debería facer o rolido coma un todo, hombros, caderas e pernas, para un bo equilibrio e un mellor deslizamento. A cabeza non formará parte deste rolido.
En canto a posición horizontal do corpo a cintura terá unha pequena flexión que fará que os hombros esteñan máis por encima que as caderas, o peito quedará fóra da auga e as cadeiras por abaixo para que as pernas non salgan á superficie.
Para evitar erros comúns debemos fixar a mirada nun punto no techo para evitar que a cabeza xire, unha propulsións de pés para mellorar a flotabilidade e non levar demasiado afundidas as caderas, deberíamos levar unha boa coordinación da respiración para levar unha boa coordinación global cos pés e cos brazos, e por úlyimo facer un bo rolido para evitar facer "eses".
3.4 Coordinación
- Brazos - Respiración. O nadador deberá levar unha respiración rítmica inspirando coa entrada dun brazo e espirando coa entrada do outro brazo.
- Brazos - Pernas. O batido de pernas ten moita importancia e por ese motivo o normla é levar un batido de 6 tempos o que se levará a cabo da seguinte forma:
O primeiro batido acaba co final do agarre, o segundo acaba co final do empuxe e o terceiro acaba na segunda parte do recobro.
- Brazo - Brazo. Un brazo entra na auga mentras o outro está facendo o empuxe. (Posición similar ás agullas das oito en punto nun reloxo)
3.5 Respiración
O ritmo utilizado pola maioría dos nadadores de espalda, a inspiración coincide co recobro dun brazo e a espiración co recobro do outro, Este ritmo proporciona unha uniformidad no ciclo de brazadas e unha respiración máis eficiente.Aconséllase realizar a inhalación pola boca para coller a máxima cantidade de osíxeno posible e a exhalación pola boca ou polo nariz.
Algúns consellos para levar unha boa respiración é levar un bo equlibrio de brazos pernas e corpo para evitar que a cabeza se afunda e así que nos entre auga e interrumpir a respiración. Inhalar rápidamente pola boca e exhalar lentamente polo nariz tamén é un truco para a iniciación da respiración
Comentarios
Publicar un comentario