Estilo braza

ESTILO BRAZA


O estilo braza é quizás o estilo máis antigo dos estilos de natación, tamén denominado "estilo ra" xa que ten moita similitude coa ación que fan estes anfibios ao nadar.

Este estilo é o máis lento das catro modalidades de nado xa que para preparar a acción propulsora das pernas, prodúcese unha importante desaleración do corpo.

Esta modalidade é moi indicado para moitos nadadores xa que é un estilo tranquilo e agradable que permite un grado de relaxación. Sen embargo é unha técnica complexa que hai que dominar xa que require unha excelente coordinación de movementos para facelo da maneira correcta.

Coma todos os estilos conta con cousas positivas e negativas, por iso hai que ter e saber a predisposición do nadador para efectualo, e facelo de forma correcta para prever cousas contraproducentes xa que estes estilo incide moito nos meniscos e os ligamentos e aumenta a tensión na columna vertebral. 

A braza leva experimentando moitos cambios entre os competidores, xa que éstes buscan unha posición do corpo e unha acción que disminúa a resistencia e aumente a propulsión do seu nado.

A continuación explicaremos a técnica deste estilo por bloques, como: a acción de pernas, de brazos, posición do corpo, coordinación, respiración e por último a posición dos pés. Para isto empregarei contido audiovisuais para explicar e que poidamos observar un exemplo do relatado.


Acción de pernas

Mates & Física & Más: 2013
A patada de braza foi evolucionando co paso do tempo, na actualidade úsase unha combinación entre  o estilo de cuña e o de latigazo. Esto quere dicir que os nadadores separan as pernas pero dentro dunhos límites, non como se facía anteriormente co estilo de cuña.

Hai diversas fases na patada de braza, fálase do recobro e da patada. Ainda que para facer máis extenso e específico o meu estudio falarei de:

- Recobro: É a acción negativa do nado, na cal faise maior resistencia á auga, é o momento no que os pés retornan a súa posición de preparación.

- Barrido cara fóra: Momento no que as pernas ábrense na maior amplitude.

- Barrido cara dentro: É o movemento de maior propulsión, as pernas están abertas e péchanse ata case estar estiradas.

- Elevación: É o momento antes do recobro no que as pernas se elevan preto da superficie mentras o corpo está en deslizamento.

Para poder ver e comentar estas fases con detalle, observade este vídeo:  



No minuto 1:34 comeza a acción da patada de braza, empezamos observando unha patada de braza no seu completo, de seguido (no minuto 1:38) vemos o recobro das pernas, obsérvase como os xeonllos se flexionan e afúndense un pouco para que así os talóns dos pés se aproximen ós glúteos.

No minuto 1:50, vemos o barrido cara afóra no que xa observamos como se teñen que dispoñer os pés na patada de braza, os pés teñen que estar rotados coas puntas cara ao exterior, o cal propicia unha maior propulsión. O barrido cara afóra e cada adentro van unificados, despois de realizar o movemento cara afóra a patada dirixirase cara adentro para dar por finalizada a patada, neste momento, os pés irán rotando outra vez cara a súa posición natural pero habrá que facer unha flexión plantar para que no deslizamento fagan a menor resistencia posíbel. Esto pódese apreciar no minuto 2:05.


Todo isto obsérvase dende un plano horizontal, a continuación adxúntase unha imaxe a modo de resumo das fases e dende os dous puntos de vista.

Iniciación a la técnica en los estilos en natación. Estilo Braza




Acción de brazos


A braza é o único estilo que a súa brazada ten o recobro dentro da auga, é dicir, o recobro é acuático, ademais dentro das súas fases, non ten fase de empuxe, por iso só ten as seguintes fases:

- Agarre: É o barrido cara fóra da brazada.

- Tirón: Barrido cara dentro da brazada

- Recobro: Momento de recuperación dos brazos a súa posición de preparación para volver realizar a brazada.


A continuación veremos este vídeo para explicar máis doado, a brazada:


Para a vista deste vídeo recoméndase velo maís dunha vez e en diferentes velocidades, dende a normal cara abaixo, xa que os movementos fanse moi rápido e necesítase unha cámara lenta para a apreciación de todos estes conceptos que vamos ver.

No minuto 2:47 empeza a explicación da técnica da brazada, comeza cunha brazada xeral para ver a acción completa desta, no 2:56 apéciase o recobro dos brazos, como os brazos van por debaixo do mentón e cara adiante, extendendo pouco a pouco os brazos e nunca parándose, unha vez que os brazos chegan a súa máxima extensión, no minuto 2:58 comeza o barrido cara fóra, nesta fase  as palmas das máns están mirando cara fóra, as máns progresivamente van desprazándose cara fóra e cara abaixo mentras os codos seguen estirados, no minuto 3:00 vese o barrido cara dentro no que os cóbados comézanse a flexionar e a parte superior do brazo a xirar quedando as palmas cara abaixo, unha vez se chega a unha amplitude de brazos de 110º aproximadamente como apreciación vese que os cóbados mantéñense altos e a cabeza prepárse para saír da auga, as máns comezan a ir cara dentro, terminando así a súa parte efectiva. Volvendo así ao recobro dos brazos antes de que os cóbados saian fóra habrá que levar os brazos cara diante e o máis pegados posible sin tocarse.. A continuación veremos unhas demostracións de diferentes ángulos da brazada.
Iniciación a la técnica en los estilos en natación. Estilo Braza


Posición do corpo

A posición cambiou bastante de fai unhos anos, antes empregábase unha posición máis ríxida, agora podemos observar unha fas máis estirada e outra máis flexionada.

- Máxima extensión: Esta fase áchase sobre todo na fase de desplazamento, ten que ser unha posición o máis hidrodinámica posíbel, cos pés e brazos estirados e a cabeza sumerxida na auga.

- Máxima flexión: Esta posición atópase xusto antes da fase de desplazamento, cando os brazos atópanse no comezo do recobro, e os pés están preto dos glúteos para realizar a patada.
Braza: la clave está en la patada | Estilos de natación, Natación ...



Este gif servirá como modelo para a observación destas dúas posicións que se achan no estilo braza, e para ver a correcta posición do corpo.

Vemos como non é unha posición plana sempre, hai unha mínima flexión de tronco para favorecer a flexión dos xeonllos e con isto o achegamento dos pés para facer a patada, e sobre todo na hora do deslizamento obsérvase unha posición máis hidrodinámica como xa mencionei para favorecer o desplazamento na auga.

Coordinación

A coordinación é unha dos pilares fundamentais de cada estilo pero sen dúbida neste todavía máis, necesítase unha boa coordinación para que cada movemento que fagamos non nos reste velocidade, igual que pode ser a acción de respirar, xa que de por sí, na braza xa se perde algo de velocidade ao ter que flexionar as pernas ata os glúteos para facer a patada.

As coordinación que se poden distinguir son:

- Cabeza - brazos: Para a observación desta coordinación fixaremos neste vídeo, vemos como a cabeza inicia o seu movemento de elevación xa no inicio da fase de agarre da brazada, a cabeza alcanza a máxima altura fóra da auga xusto antes do inicio do recobro dos brazos, sendo este o momento xusto da inspiración, cando practicamente os brazos xa están completamente extendidos é cando a cabeza diríxese con eles cara adiante e cara abaixo, e unha cousa que debe procurarse é que a maioría da cara ten que estar sumerxida antes de empezar a patada, desta forma teremos máis hidrodinámica.



- Brazos - pernas:  Coa axuda do seguinte vídeo explicarei a coordinación dos brazos e das pernas, como consello, sería recomendábel reducir a velocidade do vídeo para observar os movementos da nadadora.

A coordinación dos brazos e pernas é sinxela ainda que posta na práctica dos nadadores que están empezando costa bastante coordinar as cousas e seguramente primeiro cometan o erro de facer primeiro unha cousa e despois a outra. Para unha correcta coordinación, as pernas deben recobrar xunto a tracción dos brazos, tal e como se amosa no vídeo, a patada efectúase xusto cando os brazos están na realización da segunda fase do recobro é dicir cando se levan adiante e abaixo xunto coa cabeza, é importante facer o recobro dos brazos un pouco antes para que o corpo esté o máis alineado e así permitir un maior avance do corpo coa patada que vamos efectuar.




Por último mencionarei a respiración e a posición dos pés xa que dentro do estilo son moi importantes a súa boa realización para non perder velocidade ou hidrodinámica, 

Respiración

A respiración é moi importante, e debe realizarse correctamente, xa comentei anteriormente a coordinación dos brazos e a cabeza, no momento en que sale a cabeza debe ser cara adiante e cara arriba, por enriba dos ombros, nese momento farase a inspiración mirando cara ao frente, a espiración terá lugar debaixo da auga cando nos atopemos estirando por completo os brazos mantendo a cabeza entre eles e mirando cara abaixo.

Posición dos pés

Unha correcta posición dos pés axudaranos a ter unha posición máis hidrodiámica durante o avance ao acabar a patada, e tamén nos proporcionará máis agarre durante a patada desta, hai dúas posicións que se empregan no estilo braza.

- Flexión plantar: Emprégase no inicio e no final da patada, é a máis sinxela de aprender e familiarizarse, é tan sinxela coma facer unha flexión plantar de maneira que os pés deben estar estirados o que favorecerá unha boa hidrodinámica e axudará no avance do nadador. Esta flexión plantar úsase nos demais estilos na patada.

Consejos para evitar calambres y lesiones en los pies practicando ...

- Flexión dorsal máis abdución do pé: Esta é a posición máis costosa para que os nenos e os nadadores principiantes aprendan e se familiaricen e interioricen, polo que hai que estar atento e correxindo e lembrandolles para que a realicen.

Trátase dunha abdución do pé e dicir, unha rotación externa, a que hai que sumarlle unha flexión dorsal do pé, como se quixeramos tocar coa punto dos dedos a nosa perna. É unha posición complexa a que requerirá exercicios concretos para a súa realización.

Salvamento y socorrismo acuático. Primeros auxilios. Actividades ...
 

Comentarios