Concurso Salto de altura

Campeonato Mundial Doha 2019



Este é o vídeo da actividade que vou realizar, nela vou traballar os seguintes puntos:

1. Ver e disfrutar do campeonato completo. Fixarse no desenvolvemento do concurso (intentos, eliminacións, como se vai perfilando a clasificación...) e a técnica que utilizan as atletas. Identificar as fases (carrera, batida, voo e caída) e tomar notas mentais dos detalles en cada una delas.

2. Análisis da técnica. Despois de ver o concurso completo, volverei a ver una e outra vez los saltos ata que recoñeza todos os detalles de cada fase. Utilizarei como guía os apuntes de atletismo. Explicarei as fases do salto. Por último resaltarei algunha cuestión que me chamara a atención e profundizarei sobre este aspecto.



Ver e disfrutar o campeonato

Despois de ver a competición en numerosas ocasións e de fixarme en todos os aspectos da competición tanto nos aspectos globais do campeonato como pode ser a presentación das atletas, as eliminacións, intentos e como se vai desarrollando a competición, tamén me fixei en aspectos específicos na técnica das diferentes atletas e comparando cada unha para ver que cousas facían en común e tamén cales eran diferentes. A partir disto, intentei ver e diferenciar cada fase do salto que facían as atletas xunto coa información dos apuntes de atletismo.

Xunto coa información obtida pola visualización e estudo da competición e xunto aos apuntes de salto de altura, explicarei cada fase do salto e comentarei algunhos aspectos que tamén me chamaron a atención, tanto técnicas como polo desenvolvemento da competición.

Esta foi a clasificación final do campeonato.


A partir dela e despois de ver a competición podemos comentar diversas cousas no procedemento da proba.

- Para empezar, un oficial estima primeira medida de salto e progresivamente elevarase 2 ou máis cm.

- Os competidores poden escoller entre saltar a medida proposta ou esperar e salta unha superior, cousa que me sorprendeu bastante que os atletas poideran facer esto, pensaba que terían que saltar si ou si todas as medidas ata quedar descalificados.

- As atletas tamén poden evitar saltar despois dun fallo, e intentalo nun salto superior. É dicir, poden escoller entre non facer un segundo ou terceiro intento no mesmo salto e esperar a medida seguinte. Cousa que fixo a atleta Karyna Derrick no 1,98 fixo dous intentos fallidos e non decidiu facer o terceiro, para saltar unha marca maior.

- Tres saltos fallidos consecutivos ou fallidos na mesma altura son motivo de eliminación, isto era o que de pequeno cando vía algún campeonato e despois de fallar unha ou dúas saltaban unha superior, agora coa medida que vín sobre o de que poden evitar os saltos e que a eliminación teñen que ser tres fallos consecutivos. Paréceme unha reglamentaxe interesante, permite estratexia para os participantes co cal é moi atractiva para o público.

- A competición acaba ata que quede só un competidor e os demais son eliminados. este competidor pode intentar saltar unha altura maior. En caso de empate, a atleta con menos intentos na altura concreta gana, se todavía sigue habendo empate, a atleta con menos renuncias gana.

Análise da técnica

Empezamos co analise da técnica. Distiguín catro fases dentro do salto, a carreira, a batida, o voo e o aterrizaxe. 
Prueba Salto de Altura - Saltos - Atletismo - TAFAD - TAFAD y Cursos


tafadadas: Salto de altura: el estilo rodillo-ventralFase de carreira: Esta fase é a primeira que compón o salto de altura para obter unha maior inercia cara a facer o salto, esta fase divídise en dúas subfases, primeiro unha carreira recta e outra en curva.

Carreira recta: É a que máis lonxe se atopa da zona de salto, co cal é a primeira en executarse, é a máis longa en metros, e o cal me fixei a maioría das atletas non fai un apoio completo do pé, solo apoian co metatarso cara adiante, na miña opinión creo que é para coller máis velocidade de arranque.

Carreira en curva: A súa realización vai de menos curva a maior, nela obsérvase como as atletas inclínanse cara o interior da curva para contrarrestar a forza centrífuga, as atletas prepáranse cara o punto de batida ao salto. Observo que aqui a maioría apoia xa todo o pé. 

Prueba Salto de Altura - Saltos - Atletismo - TAFAD - TAFAD y Cursos
Fase de batida: Despois da fase de carreira, ven a fase de batida na cal a atleta salta para superar a barra, nesta fase a `perna de batida observo que é a máis afastada da barra, é dicir, a que está no interior da curva, flexiónase e chega extendida para facer o salto e xusto ao mesmo tempo que se propulsa a perna de batida fai un pequeno xiro que leva o talón cara a colchoneta o que facilita a fase de vuelo da atleta.  En canto a perna libre vai sempre flexionada cara adiante e arriba para facilitar tamén o xiro. O tronco elévase na vertical xusto cando se extende a perna e fai a batida. Os brazos e os ombros que se encontraban atrás no último paso lévanse cara adiante e arriba para favorecer a batida e a elevación.





Fase de voo: Prodúcese cando o atleta atópase nunha traxectoria aérea ascendente, na que o atleta xira sobre sí mesmo para darlle a espalda ao listón, mentras adopta unha flexión de espalda e lumbar similar a unha posición de "ponte" para evitar derribar a barra, esto tamén consiste nunha elevación de cadeiras e un descenso dos ombros. Unha vez sobrepasada a barra coas cadeiras o atleta extende as pernas para non derribar a barra. Unha vez isto xa se prepara a fase de aterrizaxe.

Fundamentos: ACTIVIDADES DE BIOMECÁNICA DO MOVEMENTO
Fase de aterrizaxe: Xusto despois de sobrepasar a barra, o atleta relaxa os brazos e prepara a caída de costado na colchoneta, o tronco equilibra a caída e o saltador ten que ter coidado de non golpearse cos xeonllos na cara, xusto ao impactar ca colchoneta. Observei que a maioría das atletas nas alturas xa máis costosas caen coa parte superior da espalda, das escápulas cara arriba, pola altura que teñen que saltar e van máis apuradas no aterrizaxe.

Como remate do estudo realizado, quería deixar algunhas cousas que me chamaron a atención que nunca antes me fixara, por exemplo, os tacos que teñen nos tenis para o agarre, nunca antes me fixara e chamoume a atención a verdade, outros aspectos nos que me fixei é que como en todo deporte e cada atleta, cada competidora tiña como o seu "ritual" antes de saltar; outra cousa que me chamou a atención pero esto xa como técnico deportivo, é a proba en sí, antes víaas doutra forma a como agora vexo as competicións, máis que ver poderíase decir que as observo detalladamente, e paréceme de eloxiar o que saltan e a técnica que executan, paréceme un deporte moi sacrificado todo o relacionado co atletismo neste caso, xa que estes atletas seguramente estén traballando todos os días, o máximo de horas posíbeis, para ter unha ou duas probas importantes ao ano tal vez, e que por unhos centímetros de nada, acabar nunha posición ou noutra, e eso seguramente marque xa todo o seu ano tanto en niveis competitivos como financieiros, patrocinadores etc, non coma noutros deportes que traballan semalmente para eventos ou encontros, e non marcan tanto o seu ano deportivo por perder algún que outro partido.


Comentarios